martes, octubre 25, 2005

Their last tour? Naaa...!


E falando de punk (xa sen cyber), que grande concerto deron o sábado á noite no Multiusos os Toy Dolls... Olga e compañía son un grupo de debuxos animados... antes, Glen Matlock (o baixista dos Sex Pistols que si sabía tocar) deixounos himnos como "God save the Queen" ou "Pretty Vacant"... é o máis preto que imos estar deles, a menos que se lles ocurra facer outra xira do lucro indecente... O propio Olga estaba alucinando ante a posibilidade de compartir escenario cun dos seus ídolos... A camisa de orquestra de Matlock, o pique dun dos guitarristas co público (o de "Idiot", "Idiot", cantoullo en exclusiva a un tipo que lle tirara priva pouco antes...) e a semellanza do outro con Paul Simonon son cousas que non pasaron desapercibidas na maior concentración de camisetas dos Ramones que lembro en moito tempo... Os primeiros en subir ó escenario foron Dakidarría, que marcharon ó grande, cun sonoro "Mecagondiós!!!" e botando a correr... As versións discrepaban... no baño (dos tíos) dicíase que un espabilao subira a mangarlles unha guitarra mentres estaban co bis (e que ía facer con ela? escondela na chupa?), pero na barra comentaban que os músicos se cabrearon cando alguén quixo subir e os de seguridade lle arrearon... "Pois si que vai ser complicado o teu curro", díxome un dos colegas... Queríao ver eu a este casando as visións de patronal e sindicatos (ou goberno e oposición) tras dun encontro bilateral a porta pechada... Ha!

Fue Luís a eso de las 1:37 p. m.

2 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Fuches ó concerto? Pois dixéronme que o de Sex Pistols se lle foi un pouco a olla e botou uns cantos insultos ó público. Eu pasei. Estou farta de que a Santiago só veñan vellas glorias.

26 octubre, 2005 08:50  
Blogger Luís said...

é que a estes punkis vellos... desde que poñen camisa... xa non lles gusta nada que lles escupan nin lles tiren cousas... e... claro... pícanse (antes tamén se picaban, pero con outras cousas...) Pero güeno... os grandes foron os Toy Dolls, que son glorias e (pese ós 20 anos na estrada) están lonxe de ser vellas...

26 octubre, 2005 20:52  

Publicar un comentario

<< Home

Datos personales

Mi foto
Nombre: Luís

Fuera del perro, un libro es probablemente el mejor amigo del hombre, y dentro del perro probablemente está demasiado oscuro para leer. Groucho Marx.

Ver todo mi perfil

Previous Posts

  • 20 m-m-minutos en el futuro
  • Vai rañala, Neil!
  • Excusatio non petita...
  • Hey-ho, soy yo!!!

Powered by Blogger